Manual de supervivencia na Escola 2.0

O novo modelo de formación. A transformación da Educación.

As Novas Tecnoloxías, e sobre todo Internet, facilitaron ferramentas que
mudaron, e ás veces melloraron, os anteriores mecanismos de aprendizaxe.
Aplicado á educación, o uso das mesmas modificará o modelo de formación
dos rapaces e rapazas, polo que é necesario que tanto eles como os seus
pais e nais estean preparados para o cambio.


     1. O cambio de concepto

Coas novas técnicas de formac1ión o concepto tradicional de escola, onde un mestre imparte unha materia e os alumnos e alumnas se limitan a coller notas e facer preguntas, mudou.

O novo concepto de educación, a Escola 2.0, permite unha creación da información de xeito colaborativo, onde tanto uns como os outros forman parte da elaboración dos contidos e poden aprender dos demais. Unha intelixencia colectiva que se reflicte nunha elaboración colaborativa.

As claves da nova formación pasan polo cambio na forma de comunicarse, de colaborar, de compartir e de confiar no resto de membros do grupo. O uso das ferramentas que brinda a Internet e o resto de Novas Tecnoloxías mellora a comunicación, fai que o pensamento se desenvolva co intercambio cos demais e incentiva a discusión como método de aprendizaxe e parte importante no proceso educacional.

Así mesmo, a Escola 2.0 elimina as barreiras da educación ao non limitar esta ás horas de docencia presencial. Dese xeito, a formación prodúcese tanto fóra como dentro do centro escolar, ampliándose a formación a diferentes lugares e horarios.

Co novo concepto, a formación non comeza nin remata na escola, senón que é un continuo tanto para os rapaces e rapazas como para os mestres.

Inicio


     2. Construíndo Escola. Formando persoas

Como sinalábamos no punto anterior, ao prescindir dun espazo físico e horario onde os nenos e nenas aprenden, as novas xeracións pasan a experimentar un modelo de aprendizaxe baseado nas tarefas que eles mesmos deciden cando e onde facer. A construción do pensamento e a adquisición de coñecemento deixan de limitarse ao horario lectivo e poden levarse a cabo cando o propio rapaz ou rapaza o precise.

Por outra banda, o mestre deixa tamén de ser en exclusiva, un emisor de información para converterse nun guía a través dos contidos, coa función de facilitarlle aos alumnos e alumnas a súa propia autoaprendizaxe. Do mesmo xeito, o propio profesor é quen de escoitar as ideas e pensamentos dos seus alumnos e alumnas, co que pode tamén aprender deles e modificar sobre a marcha o camiño cara o coñecemento.

Deste xeito a Escola 2.0 permite o traballo en grupo e a colaboración total entre os alumnos e alumnas, de maneira que a implicación nas tarefas aumenta, o tempo adicado as mesmas é maior e a capacidade de asimilar e interiorizar a información varia.

Como pais e nais, cómpre preparar os rapaces e rapazas para o traballo en grupo. Explicarlles que compartindo, respectando os outros, responsabilizándose das tarefas que teñen asignadas e colaborando, apréndese máis e acádanse mellores resultados.

Neste novo sistema, os nenos e nenas aprenden a tomar decisións de seu, incrementando a súa autonomía e desenvolvendo a responsabilidade propia dun xeito máis amplo. Dilúese a idea dunha autoridade central que, en exclusiva, lles solicita o cumprimento dunhas obrigas, senón que son os seus propios compañeiros e compañeiras os que precisan do seu traballo para realizaren as tarefas con éxito.

Finalmente, o propio rapaz acada a capacidade de aprender dos seus compañeiros e compañeiras, entendendo que a propia perspectiva non sempre é atinada e que, cando menos, escoitar as opinións dos demais axuda a obter un punto de vista máis acertado sobre calquera asunto.

Inicio


     3. Ferramentas da Escola 2.0

Ademais dos diferentes programas que se usen no colexio, os alumnos da Escola 2.0 teñen a vantaxe de poder utilizar as distintas ferramentas existentes na Internet para completar e mellorar a súa formación.

O uso de portais web de referencia, como a Galipedia (http://gl.wikipedia.org/ ) ou as web universitarias; os materiais audiovisuais, como o Flickr (http://www.flickr.com/ ) ou Vimeo (http://vimeo.com/ ); os correos electrónicos, mensaxería instantánea e demais, fai que a consulta de fontes e a comunicación entre os alumnos e alumnas sexa altamente fluída e mellora o rendemento dos rapaces e rapazas no seu proceso formativo.

Debemos ter en conta que a propia configuración social da Rede permite compartir os contidos de xeito instantáneo e proporciona aos estudantes un amplo abano de posibilidades multimedia para a ensinanza que, ben aproveitados, optimizan o resultado final.

Imaxes, audio, vídeo, animacións, mapas interactivos... as ferramentas desta nova Escola brindan ao profesorado a posibilidade de compatibilizar diversas fontes de información e, dese xeito, mellorar o proceso formativo dos máis novos.

Sen embargo, tanto para formadores como para pais e nais, cómpre un proceso de adaptación que pasa por aprender a utilizar as tecnoloxías da información e comunicación, a comprender a necesidade da rapidez nas respostas ás cuestións que os nenos e nenas expoñen e, en resumo, a mudar o xeito de comunicarse e de ensinar novos coñecementos aos rapaces e rapazas.


Inicio


     4. O mapa da nova formación

Seguindo co exposto no último parágrafo do punto anterior, tanto pais e nais como formadores precisan dun coñecemento polo miúdo das claves fundamentais que sosteñen a nova Escola 2.0, de xeito que ao entendelas poidan usalas e participar de xeito activo na formación dos rapaces e rapazas.

Dentro do novo sistema educativo, os máis novos utilizan de xeito cotiá algunha das seguintes ferramentas (ou todas elas):

Inicio


     5. O valor da aprendizaxe

Os procesos avaliativos na Escola 2.0 tamén son diferentes con respecto á ensinanza tradicional. O termo Avaliación Continua acada, neste novo modelo, unha presenza real pasando a vertebrar o sistema global de medida da aprendizaxe do alumno ou alumna.

Se algo non mudou co novo sistema é a necesidade de que rapaces e rapazas aprendan, que aproveiten as ferramentas dos novos tempos para acadaren coñecementos que lles sirvan na súa vida futura como adultos. Sen embargo, o xeito de medir eses coñecementos si mudou, xa que a propia inmediatez do modelo fai que sexa no día a día cando se poden comprobar os avances de cada alumno e alumna por parte do mestre.

Non debemos esquecer que é coa participación activa cotiá co que os nenos e nenas da Escola 2.0 acadan unha formación integral. É coa participación co que eles mesmos se decatan da importancia da súa pertenza ao grupo, de que as súas opinións e coñecementos importan e inflúen nos demais compañeiros e compañeiras e que lles compete a eles mesmos aprender máis para que o grupo avance.

Na Escola 2.0 o sistema avaliativo non só non desaparece, senón que se converte en parte esencial do proceso formativo, permitindo a profesorado e alumnado contar cunha ferramenta de consenso coa que medir os avances na asimilación de novos coñecementos e a participación no colectivo.

Por parte dos pais e nais, coñecer e valorar este procedemento é determinante para poder axudar os seus fillos e fillas, xa que os mecanismos de avaliación no novo sistema formativo permiten tamén que estes paticipen, amosándolles os avances que o neno acada a diario, as materias nas que ten máis dificultades, etc.

Inicio


     6. Conclusións

Exposto todo o anterior, debemos reflexionar sobre a importancia que na formación dos máis novos ten e terá a Escola 2.0.

Un sistema formativo que permite que o proceso de aprendizaxe deixe de estar limitado a un espazo físico e temporal, onde o neno ou nena xa non só interioriza, senón que tamén comparte, incrementa enormemente a capacidade de aprender dos Nativos Dixitais que se benefician del.

Neste sentido, as novas ferramentas tecnolóxicas facilitarán a aparición dunha nova xeración de persoas altamente formadas que, ademais, aprenderán dende cativos a importancia do traballo en equipo.

A nosa obriga como pais e nais é a de aprender todo o posible sobre os mecanismos e ferramentas que presenta a Escola 2.0, de xeito que lles podamos sacar o máximo partido e teñamos capacidades suficientes para axudar os nenos e nenas no seu camiño para acadar una formación integral e uns coñecementos amplos de cara ao futuro.

Inicio

 



Ningunha. Os nenos van seguir a aprobar ou suspender igual.

A avaliación continua permite unha maior axilidade á hora de correxir as partes do programa de estudo nas que os rapaces levan peor.

A avaliación continua fai que os estudantes teñan máis presión e lle adiquen máis horas para sacar mellores notas.

O novo sistema de avaliación obriga os mestres a facer exames máis a miudo.


 
Inicio